Guitar Chords » L »Luis emilio batallan » Camiño Longo (Tab)

Camiño Longo
Luis emilio batallan

Lyrics, Chords & Tabs for Guitar, Bass & Ukulele


Camiño Longo Lyrics
Camiño, camiño longo,
camiño da miña vida,
escuro e triste de noite,
triste e escuro de día...
¡camiño longo
da miña vida !
Vereda, vereda torta
en duras laxes aberta,
arrodeada de toxos,
crebada polas lameiras...
¡vereda torta,
ti onde acabas!
Vereda, vereda fonda
de fontes tristes, sen auga;
sen carballos que dean sombra,
nin chouzas que dean pousada..
¡vereda fonda,
ti cando acabas!
Camiño, camiño longo.
A choiva, a neve e as silvas
enchéronme de friaxe,
cubríronme de feridas...
Camiño longo,
da miña vida,
¡camiño longo
da miña vida !
¡camiño loooongo!




[Camiño Longo acordes][Camiño Longo cifra]
© LaCuerda.net · legal notice · privacy · es · en · pt · contact us
DINAMICO