Guitar Chords » A »Ataque Escampe » Festa Malandrómica (Tab)

Festa Malandrómica
Ataque Escampe

Lyrics, Chords & Tabs for Guitar, Bass & Ukulele

  • Intro: SOL  DO  SOL  RE  (X2)
    
    SOL               DO
    Esas voces que din que non te cruces
    SOL               RE
    sonche dos señores que viven atrás das luces.
    SOL               DO
    Nin puto caso aos tipos eses,
    SOL               RE
    ímoslle armar a festa que te mereces.
    
    SOL                       DO
    Xa me coñeces a min, son como un gremlin,
    SOL                       RE
    beber despois das doce será a nosa fin,
    SOL                       DO
    o feeling que che dá tomares un Burger King,
    SOL                       RE
    que nunca che darán os cartos do maletín.
    
    
  • +
    ¡Colabora con nosotros!
    Envíanos tu versión de esta canción

Festa Malandrómica Lyrics
Esas voces que din que non te cruces
sonche dos señores que viven atrás das luces.
Nin puto caso aos tipos eses,
ímoslle armar a festa que te mereces.
Xa me coñeces a min, son como un gremlin,
beber despois das doce será a nosa fin,
o feeling que che dá tomares un Burger King,
que nunca che darán os cartos do maletín.
E vaste enredando, xa, vasme pillando, xa,
que che marchou a gana de mexar.
Se ti tes pánico escénico, un ollo clínico médico,
un teste cínico-técnico, que podes esperar?
Aínda que fose científico, máxico, esotérico,
de México, o que quixera é facerche bailar na
Festa malandrómica, música electrónica,
vas quedar afónica.
Hoxe isto é para ti, a mirada única,
noite esquizofrénica.
Está fervendo a rúa de San Pedro.
Está fervendo a rúa de San Pedro.
Primeiro empeza pola cabeza,
deixa que te seduza o ritmo, tes boa traza,
logo un brazo meténdolle actitude,
sen agresividade pero o corpo que sude.
Pecha os ollos e sínteme cantando,
rebótache no peito o baixo que está bourando.
Toda a puta semana traballando:
se faltan enerxías hai que comer o caldo.
Estas músicas son anfetaminas,
fan réplica do que imaxinas.
Agora es unha apisonadora esmagando
o mundo en pouco menos de media hora.
Xa o dixo Armando: en cada esquina
hai un señor observando.
Estate tranquila que xa estamos cantando.
Tripulación despegando.
Festa malandrómica, música electrónica,
vas quedar afónica.
Hoxe isto é para ti, a mirada única,
noite esquizofrénica.
Teño medo dela e ela non me come.
Teño medo dela e ela non me come.
Teño medo dela e ela non me come.
Teño medo dela e ela non me come.
Noite en Compostela, vexo aquela luz alá
e non podo tocala: imos atrás dela,
a merda que máis mola, arde a cacharela,
mañá non hai escola, quédateme morena.
Superheroína fina, elegante, arde a vila
cos teus poderes mutantes.
Morren estudantes, pipotes de barrantes
non son contrincantes, transfórmate.
Podemos facer que rebente o recinto,
crear un labirinto con ríos de viño tinto.
Sinto poñerme tonto cando a monto,
estou a monte. Quero hipnotizarte.
Co baixo a contratempo,
suda os calcetíns e pon os ollos de Terminator.
Búscalle o xeito, bótalle aceite,
fai un desperfecto coma café con leite.
Ti tes máis forza que Bronson,
ti tes estilo incluso chorando un bolso.
A realidade é falsa, queimas mentiras
na túa balsa: de sol a sol dancing salsa.
Hoxe é a noite na que todas tolean
(como se menea, como se menea);
hoxe é a noite na que todos tolean
(como se menea, como se menea).
Uns van de MD; outros do que lle dean;
a que menos leva unha boa prea.
Se te vexo no medio do bochinche
hei cantar até que o fol desinche.
Festa malandrómica, música electrónica,
vas quedar afónica.
Hoxe isto é para ti, a mirada única,
noite esquizofrénica.
Festa malandrómica, música electrónica,
vas quedar afónica.
Hoxe isto é para ti, a mirada única,
noite esquizofrénica.




[Festa Malandrómica acordes][Festa Malandrómica cifra]
© LaCuerda.net · legal notice · privacy · es · en · pt · contact us
DINAMICO